A Real Academia Galega ven de emitir o seu informe sobre o decreto que a Xunta de Galicia quere aprobar rachando unha traxectoria de incremento do uso do idioma dende os primeiros gobernos autonómicos.
A Academia propón unha solución tras a súa demoledora análise das bases do decreto:
15.2. A Academia aproba, en cambio, que, sendo Bases, se abra un diálogo franco con vontade de concordia definitiva, porque a sociedade está cansa da duración das discordias lingüísticas e de que toda melloría do enfermo pareza perigosa. Tódalas forzas políticas deberían facer un esforzo de pacificación e construír un diálogo sobre bases que garantan a plena normalización do galego e a plena competencia oral e escrita ao final de cada ciclo nas dúas (ou tres) linguas. É cuestión de vontade política. ¿Sobre qué bases concordar? Cando se perden de vista dúas persoas que camiñaban xuntas, o mellor é sempre volver ao último punto no que estiveron xuntas. Se se di que o Decreto vixente rompeu o consenso, vólvase ao último punto no que houbo concordia: a tarde do 21.9.2004 na aprobación unánime do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Non hai razón para ir máis atrás, porque sería renegar daquel día e daquel histórico consenso.
Remata a academia dicindo:
A lingua é de todos e por iso a concordia é posible. É desexable. É necesaria.
Podedes ler este informe completo aquí
Please share your thoughts
Arquivado en: Educativas

