De novo a Olimpíada do Saber
Febreiro 23rd, 2012 by condesa

Neste ano olímpico do 2012, don Dinosabio nos volve recordar que temos unha cita coa nosa olimpíada do coñecemento, o concurso da Olimpiada do Saber.

Como ademáis estamos a traballar no proxecto documental a Paisaxe, a olimpíada deste ano vai ir de cousas relacionadas directamente coa paisaxe, os elementos que a conforman, as construcións humanas que se levantan nela, os animais e prantas que viven, o clima…

En fin, son moitas cousas que nos poden preguntar nesta olimpíada, así que o mellor que podemos facer é, como Dinosabio, prepararnos, cunha presadiña de libros e a axuda do ordenador, para procurar antes que ninguén, as respostas aos enigmas que se vaian prantexando.

Así que xa sabedes,xuntádevos cos vosos amigos e facede un equipo  para participar na Olimpíada do Saber 2012.

 


2 Responses to “De novo a Olimpíada do Saber”

vivaogalego writes:
Febreiro 26th, 2012 at 4:00 p.m.   

Paréceme moi ben que vaiades metendo aos vosos alumnos no gran mundo da investigación.
Paréceme un proxecto fantástico, e, ao igula que os disfraces de carnaval trata sobre a paisaxe.
Sorte aos participantes!

Irati writes:
Abril 12th, 2012 at 9:22 p.m.   

A min pareceume unha. Olimpiada do saber moi complicada comparada ca do ano pasado

Deixa unha resposta

Olark Livehelp

»  Substance: WordPress   »  Style: Ahren Ahimsa