SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Día da Paz
Outubro 5th, 2015 by condesa

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, e desa celebración (reivindicativa, como non pode ser doutro xeito) traemos eiquí este Vídeo.

[gv data=”Pxxxxxxxxx” width=”425″ height=”350″][/gv]

Na Biblioteca fixemos unha pequena exposición de libros do seminario permanente de Educación para a Paz, de xogos cooperativos, de ensino para a convivencia, sobre a igualdade…

Tamén nas distintas clases os nenos e nenas elaboraron manifestos e poesías sobre a paz, que foron lidas durante o acto , que tivemos que facerno patio cuberto, porque ameazaba choiva.

Como este ano coincidía o día da Paz coas ordes do Meco do Entroido resultou un día da Paz moi colorido, e senón mirade o vídeo.

Cada un de nós fixemos unha folliña de árbore na que escribimos os

nosos desexos de paz e xustiza no mundo, e con ela fomos ao patio. Alí había uns murais con fusiles, ferramentas de matar, e nós, a base de lles pegar folliñas fómolos convertindo en árbores, ferramentas de dar vida.

Ao remate do acto, tras pegar as follas nas armas, e tras oir os manifestos escritos polas distintas clases do colexio, cantamos e beillamos o Ska de la Tierra de Bebe. Pasámolo ben e fixemos algo importante pola Paz no mundo.


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa