OS SETE CABRITIÑOS

Érase unha vez, nun lugar moi lonxe de aquí, un bosque no que habitaba unha gran variedade de animais.

Alí vivía unha cabuxa un pouco esquecediza e tal vez despistada. Chamábase Dora, e tiña sete fillos. Un día, despois da comida, recordou algo, sucedería moi pronto, entón díxolles aos cabritiños que tiña que recoller moitas flores e que ao mellor chegaba tarde, pero que non se preocuparan de nada e se precisaban algo que chamaran á súa veciña Beatriz, ou como a eles lles gustaba chamar: Viví.

Viví era unha gata fermosísima, que lle encantaban os nenos, e sempre coidaba dos sete cabritiños de Dora. Cando a súa nai marchou, eles saíron fóra a xogar, e viron a Viví entregarlle unha nota ao señor Castor, o que a eles lles pareceu moi estraño.

Ao día seguinte, pola maña, cando despertaron, a súa nai viu que o cabritiño asustadizo estaba asustado e non comía.

Preguntoulle:

Que che pasa fillo, ocorreuche algo?

E cando el lle ía contestar interrompeuno o seu irmán, o cabritiño mentireiro, dicindo:

Non lle pasa nada, só que onte xogando ao escondite déronlle un susto e aínda o recorda.

A nai nese momento xa quedou mais tranquila, e díxolle aos cabritiños:

Veña, subide que vos vou duchar e imos vestir coa nosa mellor roupa.

O cabritiño terco dixo:

Eu non me quero duchar, xa me duchei o ano pasado!

A súa nai miroulle e contestoulle:

Tamén comiche o ano pasado… non queres volver a comer hoxe?

Mamá, mamá eu tampouco me podo mollar! Teño unha ferida na pata e se a mollo encólleme o rabo.

Díxolle o cabritiño mentireiro:

Pois eu quero que me deixes como a señora deste conto. Gritoulle a cabritiña presumida sinalando un dos seus conto.

Entón o cabritiño valente preguntoulle á a súa nai:

Pero, mamá, para que temos que vestirnos tan formais?

Cousa que ningún dos seus irmáns tiña feito antes.

Pois non o sei, só sei que nos temos que vestir así e nada máis.

Díxolle a nai aos cabritiños.

Mamá se queres podo ir correndo a preguntarlle a Viví, ao mellor ela sabe algo.

Díxolle a cabritiña veloz.

Pero en canto ía abrir a porta, apareceu unha pata por debaixo dela, e oíase a alguén dicir:

Veño buscar a miña noiva, deixádeme entrar!

A cabritiña veloz correu onde a súa nai e contoulle o que estaba sucedendo cando, de repente, a nai dixo:

Caramba, pero se hoxe é a miña voda.


Entón abriuse a porta e os cabritiños entenderon todo. A súa nai ía casar co seu amigo lobo. De súpeto, todos os cabritiños comezaron a saltar de alegría, pero Dora deuse conta de que o cabritiño tristeiro estaba amouchado e preguntoulle:

Que che pasa filliño?

Nada, é que non vas a facer festa e voume aburrir.

Dixo o cabritiño tristeiro cando de un momento para outro abriuse a porta da casa e apareceron todos os seus amigos cun montón de música e comida para celebrar unha gran festa; entón o cabritiño tristeiro dixo:

Mamá, creo que xa non me vou aburrir. Moitas felicidades.

Grazas fillo.— Dixo a nai.

Así foi como todo rematou.

Unha cabuxa, esquecediza e despistada, namorada dun lobo e con sete fillos moi contentos.

Agora todo encaixaba:a notiña que lle viran dar ao señor Castor de parte de Viví era unha invitación para a voda da súa nai.

María de Sousa

Arquivado en actividades escolares, clubes de lectura, creación literaria

por: condesa

1 Comentario

Concurso de Microadiviñas

adiviñas

Os do clube de escritura de 6º andamos a facer microresumes de películas e contos. Algúns quedaron moi chulos e decidimos aproveitalos para facer un xogo:

Imos poñer 10 microadiviñas que se refiren a contos e/ou películas, todas elas moi coñecidas, e aos que adiviñen as 10 respostas correctas ímoslles dar un premio (non sabemos se un marcapáxinas ou un….).

Así que xa sabedes, participade neste concurso e moita sorte:

1.- Tres cantaban e escapaban do lobo. O máis vello foi o máis listo. (feito por Mayra)

2.- Catro irmáns van a un mundo máxico onde se fan reis. (feito por Beatriz)

3.- Da tristeza húmeda á felicidade seca. (feito por Alicia)

4.- Amor afundido. (feito por Sabela)

5.- Voar cara nunca xamais. (feito por Sabela)

6.- Seres azuis xigantes contra humáns. (feito por Sabela)

7.- Mago con cicatriz loita contra o mal.  (feito por Sabela)

8.- Nena con poderes e que lle gusta ler con pais que non queren que lean (feito por Sabela)

9.- Cunha mazá morre e cun bico resucita. (feito por Patricia)

10.- Do trono ao estanque por unha maldición. (feito por Sara)

Arquivado en actividades escolares, clubes de lectura, creación literaria

por: condesa

2 Comentarios

Comeza a olimpíada do saber

Pois si, a partires do próximo luns comezamos a olimpíada do Saber, como se comenta no barquiño de papel que se entregou esta semana.

Velaí o noso carteliño de publicidade para animar á participación de, esperamos, todo o colexio.

Facede como a nosa mascota (aínda sen nome) e corre a inscribirte co@s teus/túas  

Arquivado en Formación usuarios, actividades escolares

por: condesa

2 Comentarios

MISTERIO

Fun ao cine pero todo desaparecera, alí todo estaba branco.

Saín correndo, pero iso estaba alí, mirándome maliciosamente.

Funme patinando e volveu aparecer; como fora posible?

Daquela vin a miña casa e entrei nela sen folgos.

Mirei pola ventá e souben que estaba a salvo, así que durmín un soño pracenteiro.

Acordei suando, e mirei debaixo da cama.

Iso es taba alí.

(Microrelato colectivo: Bea, Sara, Patricia, Alicia, Sabela e Mayra)

Arquivado en actividades escolares, clubes de lectura, creación literaria

por: condesa

Non hai comentarios

A mascota da Biblio xa está aquí

Pois si, despois de moito esperar pola chegada da nosa mascota, por fin xa a temos connosco. Foi difícil elixir cal dos deseños presentados sería a mellor mascota da biblioteca, pero ao final o xurado, despois de moito discutir, chegou á decisión de nomear mascota oficial da Biblioteca a este debuxo de Iovana de 5ºA.

Claro que agora temos outro problema, e é que non sabemos como lle chamar ao bechiño… así que animámovos a que lle poñades nome. Para iso podedes escribire un comentario a esta noticia ofrecendo o nome ou nomes que se vos ocorran. Entre os nomes que se presenten no blog, elixiremos finalmente o nome definitivo da nosa mascota, e xa poderemos usala en todos os acontecementos da Biblio.

Arquivado en Educativas, Formación usuarios, actividades escolares

por: condesa

42 Comentarios

Poesía

O club de escritura do profe David xa comeza a facer os seus traballos,  así que aproveitamos a entrega das súas creacións para facer un primeiro “post” con estas interesantes poesías. Desfrutádeas!!

Dín por aí que estes días

que veu un novo neno, chamado Matías

e os animais andan asustados

porque van os cazadores polos prados.

Corren as persoas con présa

para que non se lles acaben os batidos de fresa

e os nenos e nenas moi contentos

e os seus pais moi atentos

Seica o Nadal trae Ledicia

porque veu a miña compañeira Alicia

e na terra florece o amor

mentras que no inferno terror

Se eu fose un Rei Mago

descontaminaría un lago

e todo o mundo enchería

de eterna alegría

Sería unha festa sen igual

porque non habería ningún mal

cando rematen éstas festas

meu avó regalará cestas

—————

Dín por aí que estes días

as noites son mais frías

e os animais andan asustados

porque caíu moita neve nos tellados

Corren as persoas con presa

para poñer a comida na mesa

e os nenos e nenas moi contentos

convencen aos seus pais con bos argumentos

Seica o Nadal trae Leticia

e deixa a un lado a avaricia

e na terra florece o amor

e os bicos teñen outro sabor

Se eu fose un Rei Mago

deixaría de facer o vago

e todo o mundo enchería

de moita alegría

Sería unha festa sen igual

que todos pasaran ben o Nadal

cando rematen éstas festas

outra vez de volta cos mestres e mestras

Arquivado en actividades escolares, creación literaria

por: condesa

Non hai comentarios

Barquiño de Nadal

Nova entrega da nosa revistiña. Van algunhas recomendacións para lecturas neste nadal.
Aproveitarmos as vacacións para mergullar noutros mundos, noutras culturas, noutras realidades… pode ser unha moi boa alternativa á sobredose de televisión, turrón e consolas de videoxogos.
Boas vacacións e mellores lecturas!!
barquinho

Arquivado en Educativas, Formación usuarios, actividades escolares, clubes de lectura

por: condesa

Non hai comentarios

“O mellor sorriso: unha boca coidada”

O día 25 de novembro, dentro da campaña “Sorrisos Saudables” acudiu a nosa escola a hixienista dental do Centro de Saúde do Barco de Valdeorras a falarnos sobre a importancia do coidado da boca.

Explicounos que a dentadura témola que lavar frecuentemente, sobre todo ás mañás, ó acabar de comer e as noites; con cepillo e sen abusar da pasta de dentes. Tamén é moi importante cepillala se comemos algo doce, xa que as bacterias actúan con máis forza cando inxerimos este tipo de alimentos.

Empregaremos un cepillo de cabeza pequena e limparemos comezando polas enxivas e chegando ata a coroa dos dentes, por diante e por detrás. Tamén temos que limpar a lingua.

dentes


As revisións son outro aspecto que non podemos descoidar, debemos acudir o dentista ao menos dúas veces o ano.

Os dentes son unha parte resistente do noso corpo, contan co esmalte duro e resistente, pero que ten que ser coidado.

Por último sinalar, se algunha vez che cae un dente por un golpe, búscao e intenta colocalo no seu sitio e vai o máis rápido posible ó dentista.

María Isabel Sánchez Gómez (5ºB).

Arquivado en Educativas, actividades escolares

por: condesa

Non hai comentarios

Dúas visitas escolares

Hai pouco leváronos a dúas excursións. Na primeira fomos ver unha exposición da fauna alada de Galicia, na outra fomos a unha cooperativa de viño.

A Fauna alada de Galicia
Ao entrar onde iamos ver a exposición da fauna alada de Galicia, víase unha maqueta da comarca de Valdeorras; estaba dentro dun cristal, o lado dereito da maqueta (segundo entras pola porta) hai uns botóns con nomes de pobos de Valdeorras; dáslle a un botón e acéndese unha luz do pobo onde está.

visita1
Logo de fronte a maqueta, hai un cartel que pon “Fauna alada de Galicia” e a foto dun paxaro. O lado hai unha porta e de fronte xa hai un montón de fotos coa súa explicación e o nome do que é; arriba está o nome e a explicación en galego e debaixo en castelán.
O monitor díxonos que había tres salas e que na que estabamos era a primeira. Explicounos para que serían as moscas, as abellas, etc. E díxonos que todos os insectos teñen 2 pares de as, é dicir, 4 ,as e dixo que cada vez hai menos paxaros que se alimentan de peixes porque os mares están cada vez máis contaminados, especies como os parrulos, o Martín pescador, etc.
Encantoume, pareceume moi interesante. Tamén me gustos o caderno de actividades. As miñas fotos preferidas son: as dos parrulos, o Martín Pescador e a pluma de galo.

A cooperativa “Jesús Nazareno”
O entrar na cooperativa recibiunos Paco, o monitor. Explicounos que as uvas as traían os camións. Na entrada, a esquerda había unhas torbas, que eran como un rulo xigantesco de metal. Paco explicounos que aí se metían kilos de uvas, e que por un lado ía o zume e por outro a pébeda e a casca.

visita2

Baixamos as escaleiras, vimos uns bidóns, que Paco dixo que medían 8 metros e podían conter ata 5000litros, e dixo que nos bidóns fermentaba a uva. Logo azucre da uva empeza a converterse en alcohol. Déixano varios días, dependendo si queren moito ou pouco alcohol. Os microorganismos fan a fermentación, logo esperan uns días para limpar os bidóns. Usan un tubo, para pasar o viño dun bidón a outro, e do bidón o que o pasaba, xa ía as máquinas para embotellalo.

visita3

Había unha máquina que era como unha pinza, collía as botellas, que pasaban a unha cinta na seguinte máquina, enchíana, seguían pola cinta e xa pasaban a outra máquina que lle poñía o corcho e na seguinte poñían a etiqueta. As que non daban pasado collías un señor e metías en caixas. Seguía pola cinta e se xuntaban de 12 en 12, a cinta ía por outro lado, limpábana e volta a empezar. As máquinas collían as 12 bote4llas e logo outros cerrábana e poríanlle o celo. Un señor collía moitas caixas, poñíalle plástico e logo ían os camións. O saír vimos unha cousa que pesaba a carga dos camións
Gustoume moito ver como se fai o viño. Foi moi divertido.

Lidia de Pedro López

Arquivado en Educativas, actividades escolares

por: condesa

Non hai comentarios

Festa do Magosto

Que bo isto de ter a unha Spielberg no colexio. Camino volve á carga con esta animación coas fotos do magosto… e o resultado é de Óscar ou de Goya (falamos de premios, non de alumnado, he, he, he).
E cando hai unha película que ver, sobran as palabras. Desfrutádea!

Arquivado en actividades escolares, tradicións, xogos populares

por: condesa

3 Comentarios