OS SETE CABRITIÑOS

Érase unha vez, nun lugar moi lonxe de aquí, un bosque no que habitaba unha gran variedade de animais.

Alí vivía unha cabuxa un pouco esquecediza e tal vez despistada. Chamábase Dora, e tiña sete fillos. Un día, despois da comida, recordou algo, sucedería moi pronto, entón díxolles aos cabritiños que tiña que recoller moitas flores e que ao mellor chegaba tarde, pero que non se preocuparan de nada e se precisaban algo que chamaran á súa veciña Beatriz, ou como a eles lles gustaba chamar: Viví.

Viví era unha gata fermosísima, que lle encantaban os nenos, e sempre coidaba dos sete cabritiños de Dora. Cando a súa nai marchou, eles saíron fóra a xogar, e viron a Viví entregarlle unha nota ao señor Castor, o que a eles lles pareceu moi estraño.

Ao día seguinte, pola maña, cando despertaron, a súa nai viu que o cabritiño asustadizo estaba asustado e non comía.

Preguntoulle:

Que che pasa fillo, ocorreuche algo?

E cando el lle ía contestar interrompeuno o seu irmán, o cabritiño mentireiro, dicindo:

Non lle pasa nada, só que onte xogando ao escondite déronlle un susto e aínda o recorda.

A nai nese momento xa quedou mais tranquila, e díxolle aos cabritiños:

Veña, subide que vos vou duchar e imos vestir coa nosa mellor roupa.

O cabritiño terco dixo:

Eu non me quero duchar, xa me duchei o ano pasado!

A súa nai miroulle e contestoulle:

Tamén comiche o ano pasado… non queres volver a comer hoxe?

Mamá, mamá eu tampouco me podo mollar! Teño unha ferida na pata e se a mollo encólleme o rabo.

Díxolle o cabritiño mentireiro:

Pois eu quero que me deixes como a señora deste conto. Gritoulle a cabritiña presumida sinalando un dos seus conto.

Entón o cabritiño valente preguntoulle á a súa nai:

Pero, mamá, para que temos que vestirnos tan formais?

Cousa que ningún dos seus irmáns tiña feito antes.

Pois non o sei, só sei que nos temos que vestir así e nada máis.

Díxolle a nai aos cabritiños.

Mamá se queres podo ir correndo a preguntarlle a Viví, ao mellor ela sabe algo.

Díxolle a cabritiña veloz.

Pero en canto ía abrir a porta, apareceu unha pata por debaixo dela, e oíase a alguén dicir:

Veño buscar a miña noiva, deixádeme entrar!

A cabritiña veloz correu onde a súa nai e contoulle o que estaba sucedendo cando, de repente, a nai dixo:

Caramba, pero se hoxe é a miña voda.


Entón abriuse a porta e os cabritiños entenderon todo. A súa nai ía casar co seu amigo lobo. De súpeto, todos os cabritiños comezaron a saltar de alegría, pero Dora deuse conta de que o cabritiño tristeiro estaba amouchado e preguntoulle:

Que che pasa filliño?

Nada, é que non vas a facer festa e voume aburrir.

Dixo o cabritiño tristeiro cando de un momento para outro abriuse a porta da casa e apareceron todos os seus amigos cun montón de música e comida para celebrar unha gran festa; entón o cabritiño tristeiro dixo:

Mamá, creo que xa non me vou aburrir. Moitas felicidades.

Grazas fillo.— Dixo a nai.

Así foi como todo rematou.

Unha cabuxa, esquecediza e despistada, namorada dun lobo e con sete fillos moi contentos.

Agora todo encaixaba:a notiña que lle viran dar ao señor Castor de parte de Viví era unha invitación para a voda da súa nai.

María de Sousa

Arquivado en actividades escolares, clubes de lectura, creación literaria

por: condesa

1 Comentario

Concurso de Microadiviñas

adiviñas

Os do clube de escritura de 6º andamos a facer microresumes de películas e contos. Algúns quedaron moi chulos e decidimos aproveitalos para facer un xogo:

Imos poñer 10 microadiviñas que se refiren a contos e/ou películas, todas elas moi coñecidas, e aos que adiviñen as 10 respostas correctas ímoslles dar un premio (non sabemos se un marcapáxinas ou un….).

Así que xa sabedes, participade neste concurso e moita sorte:

1.- Tres cantaban e escapaban do lobo. O máis vello foi o máis listo. (feito por Mayra)

2.- Catro irmáns van a un mundo máxico onde se fan reis. (feito por Beatriz)

3.- Da tristeza húmeda á felicidade seca. (feito por Alicia)

4.- Amor afundido. (feito por Sabela)

5.- Voar cara nunca xamais. (feito por Sabela)

6.- Seres azuis xigantes contra humáns. (feito por Sabela)

7.- Mago con cicatriz loita contra o mal.  (feito por Sabela)

8.- Nena con poderes e que lle gusta ler con pais que non queren que lean (feito por Sabela)

9.- Cunha mazá morre e cun bico resucita. (feito por Patricia)

10.- Do trono ao estanque por unha maldición. (feito por Sara)

Arquivado en actividades escolares, clubes de lectura, creación literaria

por: condesa

2 Comentarios

MISTERIO

Fun ao cine pero todo desaparecera, alí todo estaba branco.

Saín correndo, pero iso estaba alí, mirándome maliciosamente.

Funme patinando e volveu aparecer; como fora posible?

Daquela vin a miña casa e entrei nela sen folgos.

Mirei pola ventá e souben que estaba a salvo, así que durmín un soño pracenteiro.

Acordei suando, e mirei debaixo da cama.

Iso es taba alí.

(Microrelato colectivo: Bea, Sara, Patricia, Alicia, Sabela e Mayra)

Arquivado en actividades escolares, clubes de lectura, creación literaria

por: condesa

Non hai comentarios

UXIO NOVONEYRA

Aportamos agora un LIM (Libro Interactivo Multimedia) no que tratamos da figura de Uxío Novoneyra, poeta courelán de verso sobrio e profundo, a quen se lle adican as Letras Galegas deste ano 2010.

Con estas actividades pretendemos que nos acheguemos un pouco á vida e obra deste escritor que se fixo universal entre os tesos cumes, as devesas e as covas dos carambelos de pedra.

Para realizar a actividade non tedes máis que premer aquí

Arquivado en Educativas, Formación usuarios, creación literaria

por: condesa

Non hai comentarios

As historias do lado escuro!!!

Hansel e Gretel, menudo par de dous:

He, he, nenos, os nenos son todos uns mentirosos. A min antes encantábanme os nenos, peo non para comelos, senón para que viñesen á miña casa para que viñesen a comer ou para xogar, ao tres en caramelo, ao mikado (non, non é o da biblioteca se non os que se comen) ao xadrez chocolateado…

Ata que un día uns sinvergonzas malpensados topáronse comigo. Vin que estaban nos ósos e metínos na miña casa e ateigáronse de doces. Tiñan os dous unha cariña… estaban para comelos, e non como pon en todos os contos, “ía a conelos”.

Pasaron uns días e como eu encontrábame mal, díxenlle á nena que fregase, e ao neno que aínda estaba nos ósos, seguín a darlle de comer (iso é o único que aparece ben no conto) e aproveitando que era o meu aniversario prepareilles un banquete  para eles e nada de “fíxo un banquete con eles” como dí malintencionadamente o conto.

E sabedes como estes malpensados me agradeceron todo isto? Tirándome ao lume, menos mal que son unha bruxa, que se non non podería contar a verdade. E ademais colleron todo o diñeiro que tiña para mercar os doces.

Agora vos deixo, que teño a uns pobres esperándome na porta.

Un saúdo.

(Beatriz, club de escritura)

A madrastra de Brancaneves:

Era unha tarde tan bonita, cando de repente eu, a madrastra de Brancaneves estaba sentada na cadeira e o meu espello díxome que non era a máis fermosa.  Entón eu tranquilamente fun á porta de abaixo do castelo e busquei unha mazá.

Ía buscando a Brancaneves para felicitala pola súa fermosura, cando ela botouse a correr polo bosque e a perdín de vista. Volvín para atrás e de aí a media hora volvín a pasar polo bosque. Daquela cheguei a unha casa pequena e espreitei alí: vín a Brancaneves a facer a comida, entón entrei e deille a mazá, e ela caeu ao chan, e nese momento apareceron sete animais que me perseguiron.

Subín a unha montaña e caín dela, e morrín.

E eu que era inocente morrín, e ela, que finxiu estar desmaiada casouse cun príncipe e viviron felices.

(Patricia, club de escritura)

A versión de Úrsula:

Olá, vouvos contar a verdadeira historia, o que pasou de verdade coa Sereíña.

Eu desde pequena quixen ser cantante, pero tiña unha voz horrible, e ela quería ter pernas e, como eu son maga, viu a pedirme as pernas, pero eu non llas podía dar sen máis, así que fixemos un intercambio, eu dinlle as pernas e ela deume a voz.

Ademáis de por ser cantante, eu quería a voz porque namoreime dun chico rubio, alto, ollos azuis, e pensei que se tiña a súa voz, el tamén enamoraríase de min.

Pero non! aínda por riba de ter pernas vai ela e… consegue ao chico dos meus soños!

Rompeume o corazón, e prometinme que xamáis lle devolvería a voz, e aínda enriba de todo, puxéronme a min como a mala do conto, cando en verdade a rouba-homes e a racha-corazóns é ela.

(Sabela, club de escritura)

Arquivado en Educativas, clubes de lectura, creación literaria

por: condesa

Non hai comentarios

A nosa lingua

Naceu a nosa lingua espida

entre árbores, flores e auga,

na natureza salvaxe loura

das altas serras altivas,

nas teimudas montañas verdes,

tralo fondo val da miña terra.

Naceu no silencio da noite,

no agarimoso balbordo do río,

no muiñar suave do vento,

no escuro outono dourado,

na serea brancura do inverno.

Pariuna miña nai, Galicia

nun doce berce de escuma,

alá na veira do mar.

Medrou coma un áxil meniño

brando e fermoso, esperto

no colo destas terras bravas

sen dono, sen amo, sen fin.

Xentes chegaron de fóra

que a quixeron agachar.

Con lanzas, frechas e escudos,

nola quixeron roubar.

Con tormentos, ameazas e penas

quixérona, para sempre, amedrentar.

Escondeuse no fondo do río

e voou por riba das nubes.

Refuxiouse na alma das xentes

que a arrolaron ditosos

co seu doce melodioso cantar.

Capaces non foron teimudos

da nosa boca calar!

Resistiu a nosa lingua afouta,

nun monte Medulio sen fin,

como resistiran os nosos galegos

denantes que a Roma render.

E resiste agora, as traizóns

de todas aquelas bocas

que a queren… covardes,

para sempre enmudecer.

Se non renuncia a auga clara

ós seus cristalinos mananciais,

nin o vento suave do leste

ó seu axitado mar…

se non deixa o claro día

ó seu afastado relucente sol,

se non renuncia a pálida lúa

á súa misteriosa enfeitizada noite…

Como podes ti a túa lingua ignorar?

Como poden as nosas xentes

noutra lingua cantar,

e noutro idioma soñar?

Como pode o teu corazón

noutras verbas amar?

Como poden as nosas palabras

en linguas estrañas chorar?

Quen ó seu sangue despreza,

non quere a quen foi o seu pai.

Quen a súa lingua non quere

despreza á súa terra nai.

E, quen dela, decote, renega…

galego non se pode chamar!

Arquivado en Educativas, creación literaria

por: condesa

Non hai comentarios

Poesía

O club de escritura do profe David xa comeza a facer os seus traballos,  así que aproveitamos a entrega das súas creacións para facer un primeiro “post” con estas interesantes poesías. Desfrutádeas!!

Dín por aí que estes días

que veu un novo neno, chamado Matías

e os animais andan asustados

porque van os cazadores polos prados.

Corren as persoas con présa

para que non se lles acaben os batidos de fresa

e os nenos e nenas moi contentos

e os seus pais moi atentos

Seica o Nadal trae Ledicia

porque veu a miña compañeira Alicia

e na terra florece o amor

mentras que no inferno terror

Se eu fose un Rei Mago

descontaminaría un lago

e todo o mundo enchería

de eterna alegría

Sería unha festa sen igual

porque non habería ningún mal

cando rematen éstas festas

meu avó regalará cestas

—————

Dín por aí que estes días

as noites son mais frías

e os animais andan asustados

porque caíu moita neve nos tellados

Corren as persoas con presa

para poñer a comida na mesa

e os nenos e nenas moi contentos

convencen aos seus pais con bos argumentos

Seica o Nadal trae Leticia

e deixa a un lado a avaricia

e na terra florece o amor

e os bicos teñen outro sabor

Se eu fose un Rei Mago

deixaría de facer o vago

e todo o mundo enchería

de moita alegría

Sería unha festa sen igual

que todos pasaran ben o Nadal

cando rematen éstas festas

outra vez de volta cos mestres e mestras

Arquivado en actividades escolares, creación literaria

por: condesa

Non hai comentarios

UN CONTO SOBRE A LINGUA

Eu só son unha nena e sei que aínda non comprendo moitas cousas. Umm, por exemplo, non comprendo por que temos dedos nos pés ou por que eu escribo coa man esquerda. Sei algunhas cousas. Sei por exemplo que as palabras se fan dentro da boca. Algunhas nacen máis adentro, aquí, na gorxa. E moitas na lingua. Se eu penso unha palabra, pas!, nese momento aparece na lingua e só teño que movela e a palabra sae voando cara a fóra, aínda que non se ven. Verse só se ven cando están escritas.
Cando estaba aprendendo a ler, un día pensei que gardaba na barriga todas as palabras do mundo. Despois descubrín que non, que as palabras son como os pensamentos, están e non están. É como cando dis… teño unha idea, e a idea aparece na cabeza nese momento, como as palabras que aparecen na lingua nada mais pensalas. É así.
Resulta que hoxe non deixo de mirarme a lingua. Aaaaaaaaaaa. Porque estou preocupada. Porque no autobús escoiteille a unha señora dicíndolle a outra algo así como que o problema máis grande, é que os nenos están perdendo a lingua. Dixo iso: “Os nenos están perdendo a lingua”. Que eu estaba ao seu lado e escoiteina ben. E a outra señora dixo ahá!, con cara de preocupada. Eu tiven que baixar do autobús na seguinte parada porque mamá me levaba da man e tiñamos que ir á carnizaría. E cando chegamos á carnizaría, cando collín o número na máquina, díxenlle a mamá: “Mamá, é certo que os nenos están perdendo a lingua? E ela miroume como se lle fixese unha pregunta rara e púxose seria como cando me está explicando o número nove, que para min é o número máis difícil e díxome: “Si, hai moitos nenos e nenas que están perdendo a lingua. Sobre todo nas cidades”.
lingua_galega
Douscentos gramos de queixo, por favor. Así que eu collín un pouco de medo porque,claro, eu vivo nunha cidade e aínda son unha nena. E abrín a boca e aaaaaa, mirei a ver se a lingua seguía alí. De volta no autobús, outra vez. Na radio, despois dunha canción de non sei quen, oíuse a nova de que a perda da lingua estase estendendo por todo o país… E dixo “estendendo” como se fose unha enfermidade, como cando falan da gripe, ou como no verán cando os incendios se estenden polos montes e non poden apagalos. E eu díxenlle a mamá: E que se pode facer para non perder a lingua? E ela díxome. Pois falar moito. Como de moito? Moito. Tes que falar seguido, dixo. Eu, cando non me via volvín aaaaaaaa sacar a lingua para ver se a perdera. Uff. E por iso levo hoxe todo o día que non paro de darlle á lingua. Ola, ola, bos días, ola boas tardes. Fun saudando a todo o mundo pola rúa. E a veciña do terceiro no ascensor conteille que mamá mercara douscentos gramos de queixo e douscentos de chourizo e trescentos de salchichón e tres bistés de porco e cando cheguei á casa púxenme a cantar a canción do camarón, ron, ron e así. E seguín cantando e falando para min e tanto falei que mamá na cea díxome: Non se fala mentres se come. De cando en vez saco a lingua aaaaaaaaa, e dígolle Ola, estás aí? Olaaaaaaaa. Uf. Eu non comprendo como se pode perder unha lingua. De verdade que non o comprendo. Como pode perder alguén a súa lingua?
Parece incríbel. Aínda que se toda a xente fala diso debe ser certo… Eu por se acaso espero non deixar de falar nin en soños. Ah! Nin en soños vou perder eu a miña lingua!

(Este relato achegóunolo a profe Chelo e non sabía da súa procedencia. Como nos gustou moito posteámolo na espera de que ao seu/súa autor(a) non lle ha molestar.)

Arquivado en creación literaria, tradicións

por: condesa

Non hai comentarios

SOLIDARIEDADE

A solidariedade implica afecto: a fidelidade co amigo, a comprensión do maltratado, o apoio ao perseguido, a aposta por causas impopulares…
Se queremos explicar o que supón a solidariedade temos que falar dos seguintes conceptos:
A compasión, porque a solidariedade é un sentimento que nos permite achegarnos á realidade humana e social. Supón ver as cousas e a outros cos ollos do corazón, mirar doutra maneira. Conleva un sentimento de fraternidade, de sentir a emparía pola dolor dos outros.
Solidariedade nace do ser humano e diríxese esencialmente ao ser humano.
A verdadeira solidariedade é aquela que está chamada a impulsar os verdadeiros ventos de cambio, que favorezan a igualdade universal que une a todos os seres humanos. Esta igualdade pertence a cada persoa, sen importar a súa raza, idade, sexo, credo, nacionalidade ou partido.
Solidariedade que traspase todas as fronteiras: relixiosas, culturais, sociais, etc… par ainstalarse en calquera home ou muller, sentindo a nosa pertenza á “familia do resto da humanidade”.
A solidariedade, polo tanto, é propia da persoa humana.
O home vive en sociedade, pero debe pensar como o fai, e contar entre os seus valores coa solidariedade.
A palabra solidariedade reúne e expresa as nosas esperanzas e é un símbolo de unión para homes e mulleres que están distantes entre sí. A solidariedade reflicte a calidade da sociedade na que vivimos.
Para qué vivimos en sociedade, se non, para compartir as cargas, para axudarnos e para medrar xuntos? Como vemos, a solidariedade é algo xusto e natural; non é tarefa de santos, de xenios, de relixiosos ou de políticos; é tarefa de homes e mulleres, coma ti e coma min.
111maos
Que significa ser solidarios?
Significa compartir a carga dos demais. Ningunha persoa é unha illa. Estamos unidos, incluso cando non somos conscientes desa unidade. Únenos a paisaxe, únenos a carne e o sangue, únenos o traballo, a lingua que falamos, os sentimentos que temos…
Sen embargo non sempre nos damos de conta destes vínculos. Cando nace a solidariedade esperta a conciencia, e aparece entón a linguaxe e a palabra. Nese intre sae á luz todo o bo que antes estaba escondido. O que nos une faise visible para todos. Entón o home e a muller cargan nas súas costas co peso de outro.
A solidariedade fala, chama, berra e atopa un camiño. Entón a carda do semellante faise máis livián. Só aquel que non saiba observar a necesidade da solidariedade do home, poderá negar a súa necesidade.
A solidariedade é importantísima para o desenvolvimento das persoas en sociedade. Para comprobalo só temos que achegarnos ás consecuencias que se desprenden da falta de solidariedade entre os homes.
Moitas das penurias actuais derivan da falta de solidariedade dos homes e dos pobos entre si. O suposto “ben estar” que moitas persoas teñen, deriva de utilizar aos demais coma simples escalas para subir ao éxito, a forza de derrubar ao outro, de ignorar a pobreza, de fomentar a ignorancia… todo isto fai que a nosa sociedade viva nun mar de intereses persoais que fan que se esfume a confianza entre os homes.
Moitos países medran cando explotan a outros, ou propician o seu subdesenvolvemento, ou buscan a guerra, ou deixan de axudar… forman parte dun benestar material pervertido de egoísmos e deshumanización.
Acaso é tan difícil decatarse de que a falta de solidariedade non conduce a outra cousa que ao estancamento da civilización e á falta de desenvolvemento conxunto de todos os homes?
A falta de solidariedade non só afecta aos necesitados, aos países en vías de desenvolvemento, aos que non posúen liberdade. A falta de solidariedade tamén repercute na nosa contra, e aféctanos directamente.
Podemos dicir que ser solidarios cos demais é ser solidarios con nós mesmos e unha forma de mellorar como persoas.
Debemos preocuparnos polos demais e por nós, e algo bo. Pero non a costa dos outros, senón da súa man, colaborando no desenvolvemento de todos. Primeiro na familia, logo na comunidade, máis tarde, na sociedade e, máis aló das nosas fronteiras. O ben de todos e tamén o meu.
A solidariedade debe ser verdadeira, tanxible e certa. Debe ser activa, perseverante e constante.
A solidariedade é entrega e, polo tanto, está en contra do desexo egoísta, que impide o verdadeiro benestar.
Por iso dicimos: A solidariedade é unión, mentres que o egoísmo é illamento. A solidariedade favorece o desenvolvemento; o egoísmo, a pobreza.
A solidariedade aproveita os bens, os distribúe, os comparte e os multiplica. O egoísmo corrómpeos, fainos estériles, pervérteos para facer dos bens guarida de pobreza, de riquezas desbordantes, de inutilidade e de vergoña.
A solidariedade non é algo estraño anós, nin é un ideal inalcanzábel, non. A solidariedade é parte de nós, está na natureza mesma do ser humano. Oporse a ela é oporse á natureza do home e equivale a afirmar que un é autosuficiente, que non necesita dos outros.

Alumn@s de 5ºB

Arquivado en actividades escolares, creación literaria

por: condesa

Non hai comentarios

Foisenos Benedetti

O grande poeta uruguaio deixounos.  Laiarse non era algo que el, sempre cheo de futuro querería que fixesemos.

Por iso no mes das nosas letras queremos facerlle un homenaxe a esta gran persoa, e ademáis poeta, que nos ensina cada día a sermos mellores, a construírmos un mundo máis xusto e solidario…

E que mellor homenaxe que reler a súa obra. Mentras tanto, desfrutade deste fermosisímo poema:  “Te quiero”, moito máis que un poema de amor, toda unha declaración de principios humanos, de dignidade.

Ata sempre Mario.

Arquivado en creación literaria

por: condesa

Non hai comentarios