O apalpador na galega

Estamos a descubrir que as nosas tradicións, son  moi ricas e variadas. Moitas veces, con ese aquel de outoodio que en moitas ocasións nos ataca, pensamos que carecemos de raíces… e non, todo o contrario, o que nos pasa é que non somos quen de ollar cara nós mesmos.

A TV produce unha extraña afeción óptica, eslúenos o que temos máis preto e tomamos como paradigma de usos e costumes os dos personaxes das series americanas… como se non habiamos ter esquecidos os calacús do Samaín cegados polo Halloween das  series de risas enlatadas que exportan dende os USA.

Hoxe estamos a recuperar a figura do apalpador como un dos persoanaxes  claves da época do Nadal.

Así que xa sabedes, preparade as barriguiñas que logo ven o apalpador…

Arquivado en Educativas, tradicións

por: condesa

Non hai comentarios

Festa do Magosto

Que bo isto de ter a unha Spielberg no colexio. Camino volve á carga con esta animación coas fotos do magosto… e o resultado é de Óscar ou de Goya (falamos de premios, non de alumnado, he, he, he).
E cando hai unha película que ver, sobran as palabras. Desfrutádea!

Arquivado en actividades escolares, tradicións, xogos populares

por: condesa

3 Comentarios

Día dos peóns

Pois ao final tivemos que facer o magosto (por mor do tempo, ou mellor dito, do mal tempo) o mesmo día que a festa dos peóns. Aproveitamos o día do san Martiño e, alá polo recreo saímos a beillar os peóns ao patio. Modesto como fotógrafo, e logo Camino como montadora da película nos deixaron este vídeo.

Espero que vos guste, e se vos gusta, xa sabedes: Comentade, sen comentarios non hai blog.

Arquivado en actividades escolares, tradicións, xogos populares

por: condesa

Non hai comentarios

UN CONTO SOBRE A LINGUA

Eu só son unha nena e sei que aínda non comprendo moitas cousas. Umm, por exemplo, non comprendo por que temos dedos nos pés ou por que eu escribo coa man esquerda. Sei algunhas cousas. Sei por exemplo que as palabras se fan dentro da boca. Algunhas nacen máis adentro, aquí, na gorxa. E moitas na lingua. Se eu penso unha palabra, pas!, nese momento aparece na lingua e só teño que movela e a palabra sae voando cara a fóra, aínda que non se ven. Verse só se ven cando están escritas.
Cando estaba aprendendo a ler, un día pensei que gardaba na barriga todas as palabras do mundo. Despois descubrín que non, que as palabras son como os pensamentos, están e non están. É como cando dis… teño unha idea, e a idea aparece na cabeza nese momento, como as palabras que aparecen na lingua nada mais pensalas. É así.
Resulta que hoxe non deixo de mirarme a lingua. Aaaaaaaaaaa. Porque estou preocupada. Porque no autobús escoiteille a unha señora dicíndolle a outra algo así como que o problema máis grande, é que os nenos están perdendo a lingua. Dixo iso: “Os nenos están perdendo a lingua”. Que eu estaba ao seu lado e escoiteina ben. E a outra señora dixo ahá!, con cara de preocupada. Eu tiven que baixar do autobús na seguinte parada porque mamá me levaba da man e tiñamos que ir á carnizaría. E cando chegamos á carnizaría, cando collín o número na máquina, díxenlle a mamá: “Mamá, é certo que os nenos están perdendo a lingua? E ela miroume como se lle fixese unha pregunta rara e púxose seria como cando me está explicando o número nove, que para min é o número máis difícil e díxome: “Si, hai moitos nenos e nenas que están perdendo a lingua. Sobre todo nas cidades”.
lingua_galega
Douscentos gramos de queixo, por favor. Así que eu collín un pouco de medo porque,claro, eu vivo nunha cidade e aínda son unha nena. E abrín a boca e aaaaaa, mirei a ver se a lingua seguía alí. De volta no autobús, outra vez. Na radio, despois dunha canción de non sei quen, oíuse a nova de que a perda da lingua estase estendendo por todo o país… E dixo “estendendo” como se fose unha enfermidade, como cando falan da gripe, ou como no verán cando os incendios se estenden polos montes e non poden apagalos. E eu díxenlle a mamá: E que se pode facer para non perder a lingua? E ela díxome. Pois falar moito. Como de moito? Moito. Tes que falar seguido, dixo. Eu, cando non me via volvín aaaaaaaa sacar a lingua para ver se a perdera. Uff. E por iso levo hoxe todo o día que non paro de darlle á lingua. Ola, ola, bos días, ola boas tardes. Fun saudando a todo o mundo pola rúa. E a veciña do terceiro no ascensor conteille que mamá mercara douscentos gramos de queixo e douscentos de chourizo e trescentos de salchichón e tres bistés de porco e cando cheguei á casa púxenme a cantar a canción do camarón, ron, ron e así. E seguín cantando e falando para min e tanto falei que mamá na cea díxome: Non se fala mentres se come. De cando en vez saco a lingua aaaaaaaaa, e dígolle Ola, estás aí? Olaaaaaaaa. Uf. Eu non comprendo como se pode perder unha lingua. De verdade que non o comprendo. Como pode perder alguén a súa lingua?
Parece incríbel. Aínda que se toda a xente fala diso debe ser certo… Eu por se acaso espero non deixar de falar nin en soños. Ah! Nin en soños vou perder eu a miña lingua!

(Este relato achegóunolo a profe Chelo e non sabía da súa procedencia. Como nos gustou moito posteámolo na espera de que ao seu/súa autor(a) non lle ha molestar.)

Arquivado en creación literaria, tradicións

por: condesa

Non hai comentarios

Comeza o novo curso!

Ben, xa vai sendo hora de incorporármonos ao traballo despois dun descanso no verán ben merecido, e facémolo, antes de entrar en actividades da biblioteca, lembrando algunhas das utilidades do noso querido idioma, o noso sinal de identidade máis importante.
Algúns levan tempo dicindo aquilo de para que serve o noso idioma… eu creo que para o que serven todos os idiomas, do swahili ao kazajo, do inglés ao mapuche: para comunicarnos.
Un idioma non é un pequeno electrodoméstico que a máis de bater as claras dos ovos a punto de neve, dános a hora, a temperatura exterior e bota música en mp3… non, un idioma ten un único fin, facer que a xente se entenda, que se sinta próxima ao seu interlocutor. Os idiomas, TODOS, son a maior creación do xenio humano e é a nosa obriga preservalos, coidalos, melloralos.
Cada un o seu, nós o galego!
Mirade esta presentación, nela dícese todo o que hai que dicir:

Arquivado en Educativas, tradicións

por: condesa

Non hai comentarios

FESTIVAL DO NADAL

Nestas datas sempres se fai un festival do Nadal no noso cole, e sempre temos teatro, música, poesías, bailes…

A verdade é que imos pagar o pato da novatada. Non sabiamos que había un límite de tamaño para subir videos a Youtube para logo  colocalos eiquí, así que só podemos poñer (polo de agora, deica aprender a baixar o tamaño dos videos) esta actuación dos alumnos e alumnas de terceiro curso, que si cumprían co tamaño admitido.

Estade atentos a esta biBLOGteca porque seguiremos informando.

Arquivado en actividades escolares, tradicións

por: condesa

2 Comentarios

O Nadal no Condesa

foto nadal

          Como xa dixemos noutras noticias, este ano o ENDL convocou un concurso de poemas e postais do Nadal. Os mellores de todos os presentados (e foi moi difícil facer a selección tendo en conta a calidade dos traballos) se poden ler e admirar nesta ligazón.

poemas1                        poemas4                    poemas7                         poemas10 

poemas2                        poemas5                    poemas8                         poemas11     

poemas3                        poemas6                    poemas9                         poemas12  

Disfrutade cos traballos e que pasedes un moi bo NADAL. (e que os Reis Magos se porten moi ben convosco).

Arquivado en actividades escolares, tradicións

por: condesa

3 Comentarios

Libros do Nadal

Estas datas son un bo momento para recordar algúns contos e historias con un sabor especial. Toda a fantasía e a maxinación de Martiño saíu a relucir a noite máis especial do ano. Botádelle un vistazo a esta historia e riredes un rato.

 Martiño e a noite de Reis

Se vós coñecedes algún conto de Nadal que vos gustase especialmente e que queirades recomendarlle ao vos@s compañei@s aproveitade este espazo para escribir algo.

Arquivado en Formación usuarios, tradicións

por: condesa

2 Comentarios

A Belén pastores

Este ano, como é tradicional no colexio, o profe Nicolás cos seus axudantes, púxose a montar castelos, cabanas, portais, camelos, pecureiros, soldados  e mesmo o Rei Herodes, para adornar a entrada do colexio.

montando o belen

Tamén o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística convocou un concurso de postais de Nadal e de poemas. Os traballos gañadores serán publicados nesta páxina, así que compañeir@s estade atentos que en breve sairá o resultado deste concurso.

Arquivado en actividades escolares, tradicións

por: condesa

5 Comentarios

No San Martiño, peóns ao camiño

Este ano sumámonos á convocatoria de BRINQUEDIA de sacar ao camiño os peóns, como se facía sempre, no San Martiño. Así que saímos ás doce ao recreo pero cargadiños de peóns e dispostos a que bailasen durante todo o recreo.

peons2

Houbo verdadeiros mestres nesto de facer bailar ao peón, que ademáis botaron unha man ensinando aos que non sabiamos facelo tan ben… ao final, quen máis quen menos botou un bailiño co peón.

Fixádevos que cousas máis chulas se poden facer con este xoguetiño de madeira de buxo (ou polo menos desa madeira eran os peóns de antes).

Para os máis creativos houbo un concurso, con exposición, das buxainas mellor decoradas que, como podedes ver, estivo moi reñido.

peons1

Agora, para completar o noso traballo se alguén sabe algún refrán, adiviña, poema, conto… que fale de PEÓNS, podédelo incorporar ao blog nun comentario a esta noticia.

Animádevos, fagamos bailar ao peón tamén na internet.http://condesa.blogdiario.com/admin/archivos/wink.gif http://condesa.blogdiario.com/admin/archivos/biggrin.gif

Arquivado en tradicións, xogos populares

por: condesa

22 Comentarios