SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Celtas e Romanos en Valdeorras
Mai 5th, 2011 by condesa

Xa dende hai unha boa chea de tempo vimos falando no blogue do proxecto documental no que andabamos enredando tod@s no Condesa. Ben, pois agora, que xa comeza a dar os seus froitos, é xusto que deamos unha primeira noticia tamén aquí no blogue.
O caso é que entre outras cousas fixemos uns cartaces para unha exposición na que se mostrarán os resultados das investigacións de cada clase para poñermos en común todos os datos recollidos, e aproveitamos estes cartaces para facer unha presentación.
Non están todo o vistosos que estarán impresos, e en tamaño grande, e colgados nas paredes do centro acompañados das explicacións dos investigadores… pero podemos irnos dando unha idea do que será a exposición e da cantidade de datos que recolleremos no libriño que imos editar con todas as informacións elaboradas.
Abonda xa de falar, mirade a presentación… e que vos goste moito.

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa