SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Comeza o novo curso!
Set 30th, 2009 by condesa

Ben, xa vai sendo hora de incorporármonos ao traballo despois dun descanso no verán ben merecido, e facémolo, antes de entrar en actividades da biblioteca, lembrando algunhas das utilidades do noso querido idioma, o noso sinal de identidade máis importante.
Algúns levan tempo dicindo aquilo de para que serve o noso idioma… eu creo que para o que serven todos os idiomas, do swahili ao kazajo, do inglés ao mapuche: para comunicarnos.
Un idioma non é un pequeno electrodoméstico que a máis de bater as claras dos ovos a punto de neve, dános a hora, a temperatura exterior e bota música en mp3… non, un idioma ten un único fin, facer que a xente se entenda, que se sinta próxima ao seu interlocutor. Os idiomas, TODOS, son a maior creación do xenio humano e é a nosa obriga preservalos, coidalos, melloralos.
Cada un o seu, nós o galego!
Mirade esta presentación, nela dícese todo o que hai que dicir:

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa